ADAPTADOS AO DEPORTE

Analizamos a eficacia do deporte para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade a través da experiencia de 7 deportistas adaptados referentes nas súas disciplinas. Os seus casos de éxito revelan como o deporte lles axudou en facetas como a integración social, motivación persoal e desenvolvemento físico e mental.