Falamos con Patri López (Melide, 2000), xogadora do Deportivo ABANCA, do avance na profesionalización do fútbol feminino, das esixencias do deporte de elite e da súa experiencia no clube herculino.

Ela incorporouse ao equipo no seu primeiro ano de creación -2016-, procedente do Melide Fútbol Sala Feminino. O deporte sempre foi unha parte importante da súa vida, sendo a esgrima outra das disciplinas traballadas pola atleta melidense.