Athenea del Castillo (Solares, 2000) é xogadora do Deportivo ABANCA desde o ano 2019. Explicou á cámara de éDeporte como se fraguou a súa chegada ao clube herculino, como é o día a día da deportista de elite e como se conciben os valores do Deportivo desde dentro.

Antes da súa chegada militou dúas tempadas no Rácing Féminas, nas que chamou a atención dos directivos blanquiazuis, que apostaron pola súa fichaxe. Hoxe en día é unha das xogadoras referencia do equipo.