Iris Arnaiz (Gijón, 1994), xogadora do Deportivo ABANCA, charlou connosco sobre o traballo invisible das deportistas de elite, da importancia de saber xestionar a presión mediática e das esixencias dun mundo deportivo cada vez máis profesionalizado.

Esta é a súa cuarta tempada no conxunto herculino, ao que chegou en 2017 tras militar 7 anos no Oviedo Moderno, no que estivo 3 anos na máxima categoría do fútbol feminino nacional. Hoxe en día é unha das capitás do equipo dirixido por Manu Sánchez.