Alba Merino (Badajoz, 1989), xogadora do Deportivo ABANCA, charlou connosco sobre a proxección das novas xeracións, a esixencia de ser futbolista 24 horas todos os días do ano, e a importancia da profesionalización do fútbol feminino despois de tantos anos de carreira.

Debutou na máxima categoría do fútbol nacional co CFF Puebla en 2003, con só 14 anos, convertíndose na futbolista máis nova en debutar na Primeira División. Xogou en catro equipos diferentes e fichou polo Deportivo Abanca en 2018. A centrocampista, e capitana, é un dos pilares do conxunto blanquiazul.