Sara Álvarez (O Rosal, 2003), defensa central do Deportivo ABANCA, contounos a esixencia que supuxo o saltou ao primeiro equipo, e o papel que xogou o seu adestrador, Manu Sánchez, no proceso.

Sara Álvarez é unha das futbolistas galegas con maior proxección. Chegou ao Deportivo en 2019, despois de ser titular indiscutible con tan só 15 anos na segunda división co Atlántida de Matamá. Ademáis alcanzou a internacionalidade coa selección española sub-16 e sub-17.