Manu Sánchez (A Coruña, 1978), técnico do Deportivo ABANCA, explícanos a súa visión da profesión, a súa filosofía de traballo, e da presión de ser un deportivista ao fronte dun proxecto coma este.

Manu Sánchez dirixe ao Deportivo ABANCA desde a súa creación en 2016. Conseguiu o ascenso do equipo á Primeira Iberdrola na tempada 2018-2019. Deportivista de toda a vida, deu personalidade e carácter a un proxecto que parece de sempre, pero que só ten catro anos de antigüidade. En todo este proceso, o técnico apunta varias claves: traballo duro e confianza nas xogadoras.