O DERBI GALEGO NA ACB

‘O derbi galego na ACB’ é un documental que narra o partido entre os dous equipos galegos que militan na Liga Endesa cun enfoque centrado nos seareiros dos clubes. Estes constrúen cas súas voces unha historia cargada de sentimento, e que conta ca participación de ambos conxuntos. éDeporte adéntrase nas xornadas previas de preparación no Pazo dos Deportes de Lugo e no Multiusos Fontes do Sar para vivir en primeira persoa as emocións que sinten estes deportistas e tratar de explicar o significado do baloncesto para Galicia.

CULTURA RALLY

A preparación profesional dun rally desde o volante dun gañador nato. éDeporte adéntrase no seo da familia Vallejo Racing para coñecer a rutina de traballo dunha lenda viva do automobilismo nacional: Sergio Vallejo

ADAPTADOS AO DEPORTE

Analizamos a eficacia do deporte para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade a través  da experiencia de 7 deportistas adaptados referentes nas súas disciplinas. Os seus casos de éxito revelan como o deporte lles axudou en facetas como a integración social, motivación persoal e desenvolvemento físico e mental.

PICHELEIROS

Tempada 2020/21. Unha radiografía completa do último Compos da 2ªB. Coñece desde dentro e durante o play-off a 1ªRFEF  aos protagonistas do equipo: xogadores, corpo técnico, directiva, seareiros e demais integrantes do clube. As súas historias persoais revelan como é o día a día nun equipo de fútbol, as rutinas, retos e desafíos aos que se enfrontan estes deportistas.

DETRÁS DOS 90'

O día a día da futbolista profesional é moito máis do que se ven nun partido ou nun adestramento. éDeporte introduce a súa cámara nos vestiarios do Deportivo ABANCA da Liga Iberdrola para analizar a rutina de traballo das deportistas de elite.