O NOSO CAMIÑO

Seis historias e un desenlace. A histórica SD Compostela afronta na tempada 2020/2021 o reto de acceder á nova Primeira División RFEF. Nun periodo deportivo protagonizado polo impacto da covid-19, o sistema futbolístico nacional está a experimentar unha remodelación sen precedentes. éDeporte adéntrase no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro para vivir xunto ao clube compostelán o esforzo, paixón e resto de sentimentos que se agochan tras as portas do seu vestiario nesta ilusionante etapa.

No primeiro dos seis capítulos deste documental seriado coñecemos a Álvaro Casas, capitán da SD Compostela, e a Javier Puñal, director de marketing da entidade. Ambos integrantes do cadro picheleiro explican os valores do equipo, a base do éxito que lles levou a firmar unha permanencia histórica e a pelexar polo ascenso a unha categoría inédita do fútbol español. 

‘Familia’ é o segundo capítulo de ‘O noso camiño’ un documental seriado que narra a fase de ascenso que está a disputar a SD Compostela. Nesta peza poderás coñecer a Pablo Antas, xogador do equipo, Mon Constenla, seareira, e a Yago Iglesias, adestrador do conxunto picheleiro. éDeporte adentra as súas cámaras no adestramento do equipo, un anticipo da súa rutina, na que te introduciremos nos vindeiros episodios.

‘Compromiso’ é o terceiro capítulo de ‘O noso camiño’. Nesta peza coñecemos a Samuel Rodríguez e Saro Seoane, xogadores do clube. Tamén a Edgar Piñeiro, utillero do equipo. Adicámoslle unha parte importante a explicar a labor de análise levada a cabo por Fiz Rodríguez, analista da SD, e polo resto do corpo técnico. Hai moito traballo detrás de cada decisión. No fútbol actual minimízanse as cuestións que quedan ao azahar, todo ten o seu porqué.

Neste cuarto capítulo a cámara de éDeporte adéntrase na familia Barros e presenta a tres figuras fundamentais da SD Compostela: o seu speaker, director de canteira e fotógrafo.

No quinto episodio de ‘O noso Camiño’ coñecemos a algúns dos xogadores ofensivos da SD Compostela (Primo, Bicho, Brais Abelenda e Miki Villar) e a Pato, gardameta titular do equipo. 

Este é o sexto e último capítulo de ‘O noso camiño’. Nel adentrámonos de cheo no derradeiro partido do cadro picheleiro como local no seu regreso á 2ªB.