OFICINAS DO DEPORTIVO

Coñece a diferentes figuras fundamentais do Deportivo ABANCA: os creadores do proxecto (Manu Sánchez e Pablo Pereiro); preparador físico (Lucía Piñeiro) e o seu director de comunicación (Gabi Barrós). Tamén a Rocío Candal, xornalista da Radio Galega adicada ao seguimento do equipo. 

Manu Sánchez dirixe ao Deportivo ABANCA desde a súa creación en 2016. Conseguiu o ascenso do equipo á Primeira Iberdrola na tempada 2018-2019. Deportivista de toda a vida, deu personalidade e carácter a un proxecto que parece de sempre, pero que só ten catro anos de antigüidade. En todo este proceso, o técnico apunta varias claves: traballo duro e confianza nas xogadoras.

Pablo Pereiro, director deportivo do Depor ABANCA, explica nesta entrevista como se xestou o proxecto de referencia de futbol feminino en Galicia. Desde o ano 2000 vinculado ao club, foi o artífice de cimentar a plantilla que empezou a crearse en 2016 e que en 2019 conseguiu o ascenso á Liga Iberdrola.

Lucía Piñeiro, preparadora física do Depor ABANCA, explícanos algunhas claves sobre o seu traballo co equipo feminino. Especialista e investigadora no campo do alto rendemento deportivo das mulleres, Lucía apunta á importancia do control do ciclo menstrual e o adestramento de forza nas xogadoras de élite.

Gabi Barrós, director de comunicación do Deportivo, explica o seu traballo coa parcela feminina e por que o Depor ABANCA converteuse nun referente en Galicia. Leva sete anos no club, e sabe moi ben o impulso que supuxo o proxecto do equipo feminino para o fútbol coruñés.

Rocío Candal é xornalista especializada no Deportivo ABANCA. Nesta entrevista explícanos que supuxo para a cidade contar co equipo, e cales son as debilidades e fortalezas da cobertura mediática que recibe o fútbol femenino na actualidade.