HISTORIAS DE DEPORTE GALEGO NA REDE

O DEPORTE DESDE DENTRO

éDeporte é unha nova plataforma audiovisual que narra historias de deporte galego, en galego, a través de pezas audiovisuais orixinais que se distribúen na súa páxina web e redes sociais. 

Traspasa a fronteira das historias, coñece o lado máis cercano dos protagonistas a través do contido que publicaremos nos nosos espazos na rede. 

PARTICIPA E ELIXE O PRÓXIMO DOCUMENTAL

Para éDeporte é fundamental a túa integración e participación. Acude ás nosas redes, comenta e participa nas enquisas e votacións e elixe a próxima documental que construiremos para ti. 

edeporte.gal@gmail.com

A NOSA ESENCIA

Queremos achegarche novas formas de contar historias. Apostamos por fórmulas narrativas nas que tanto a realización audiovisual como a música ou a selección temática responden ao que entendemos por contido de calidade. Tentamos concentrar á nova xeración de comunicadores e a artistas galeg@s nas nosas creacións para aproveitar o valor engadido resultante da nosa cooperación. 

Misión

Narrar a historia e actualidade deportiva galega, en galego, de xeito orixinal, moderno, global e inclusivo e cunha alta calidade informativa e audiovisual.

Visión

Ser unha plataforma de referencia na difusión de contidos deportivos galegos na rede e ofrecer un servizo cultural e de entretemento á sociedade.

Valores

Innovación, tradición, creatividade, modernidade, orixinalidade, inclusión, traballo en equipo e integración do usuarios.