SALTA AO CAMPO

Coñece de cerca a algunhas das futbolistas do plantel do Deportivo ABANCA. Visualiza as conversas que mantivemos con elas sobre como é o día a día da deportista de elite e a importancia do traballo invisible; o punto no que se atopa a profesionalización do fútbol feminino e a súa experiencia nunha institución histórica como é o Real Clube Deportivo da Coruña. 

Patri López (Melide, 2000) incorporouse ao equipo no seu primeiro ano de creación -2016-, procedente do Melide Fútbol Sala Feminino. O deporte sempre foi unha parte importante da súa vida, sendo a esgrima outra das disciplinas traballadas pola atleta melidense. 

Athenea del Castillo (Solares, 2000) desembarcou no Deportivo ABANCA no ano 2019. Antes da súa chegada militou dúas tempadas no Rácing Féminas, nas que chamou a atención dos directivos blanquiazuis, que apostaron pola súa fichaxe. Hoxe en día é unha das xogadoras referencia do equipo.

Iris Arnaiz (Gijón, 1994) vive a súa cuarta tempada no conxunto herculino, ao que chegou en 2017 tras militar 7 anos no Oviedo Moderno, no que estivo 3 anos na máxima categoría do fútbol feminino nacional. Hoxe en día é unha das capitás do equipo dirixido por Manu Sánchez.

Alba Merino (Badajoz, 1989), debutou na máxima categoría do fútbol nacional co CFF Puebla en 2003, con só 14 anos, convertíndose na futbolista máis nova en debutar na Primeira División. Xogou en catro equipos diferentes e fichou polo Deportivo Abanca en 2018. A centrocampista, e capitana, é un dos pilares do conxunto blanquiazul.

Cris Martínez (León, 1993) chegou ao Deportivo con 23 anos e 6 tempadas nas filas do Santa Ana ás súas costas. Agora é a lateral dereita indiscutible para Manu Sánchez. En marzo de este ano, convertíuse na segunda futbolista en alcanzar os cen partidos oficiales coa camiseta blanquiazul.

 Sara Álvarez (O Rosal, 2003) é unha das futbolistas galegas con maior proxección. Chegou ao Deportivo en 2019, despois de ser titular indiscutible con tan só 15 anos na segunda división co Atlántida de Matamá. Ademáis alcanzou a internacionalidade coa selección española sub-16 e sub-17.